O goberno de Vigo adxudica a primeira fase da reforma do estadio municipal de Balaídos
Abel Caballero informou este luns da contratación, por 1,1 millóns, da primeira fase da remodelación do recinto, obras que consistirán no reforzo estrutural dos contrafortes exteriores e a substitución da cuberta da grada de Río, xunto ao acondicionamento xeral do estadio en materia de seguridade. O alcalde avanzou que xa está aprobada a segunda fase da reforma, que supera os 2,5 millóns de investimento.
A sesión do pasado venres da Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do procedemento aberto para a contratación das obras de consolidación estrutural no estadio municipal de Balaídos, a primeira fase da remodelación integral do recinto deportivo que se contrata por 1,1 millóns de euros, un 32% menos dos case 1,7 millóns nos que o Concello licitou o proxecto.
Segundo explicou Caballero ante os medios de comunicación, as obras inclúen o reforzo estrutural dos contrafortes exteriores da grada de Río, a substitución da súa cuberta e o acondicionamento xeral do recinto, con actuacións en todas as gradas do estadio para mellorar a seguridade (percorridos de evacuación e da propia estrutura mediante a reposición de barandas, rematado de pavimentos...).
O rexedor vigués tamén recordou que o goberno que preside xa ten aprobado o proxecto da segunda fase da remodelación da grada de Río, cun investimento programado que supera os 2,5 millóns de euros.