Caballero salienta que a furgoneta K9 garante a Citroën 30 anos de fabricación ao nivel actual
O alcalde amosou esta mañá a súa satisfacción porque a planta de Vigo fabrique os novos modelos k9 xa que supón a garantía de 30 anos de funcionamento ao nivel actual. En declaracións aos medios cualificou de crucial para esta decisión -o "mellor agasallo de Nadal que poido recibir a cidade"- que a factoría conte con 50.000 m2 cedidos polo Concello para a súa ampliación.
O alcalde felicitou hoxe luns aos traballadores e aos responsables da factoría de Citröen por ser quen de conseguir que os novos modelos K9 se fabriquen na planta de Vigo. En rolda de prensa, amosou a súa "satisfacción" porque esta decisión garante 30 anos de fabricación ao nivel actual en Vigo, o que supón que 24.000 persoas teñen seguros os seus postos de traballo. Logo de destacar que "a factoría gañou a pulso esta adxudicación", apuntou que tamén foi importante a cesión de 50.000 m2 que o Concello pon a disposición de Citroën para a súa ampliación. Caballero reiterou o apoio municipal a este novo proxecto e lembrou que na historia da factoría, o que mellor funcionou sempre foi a fabricación de vehículos industriais. Rematou reiterando a súa "felicitación e satisfacción" polo que cualificou "como o mellor agasallo de Nadal para a cidade".
Descargar todas as imaxes