Concerto de Nadal de XARABAL+PELEPAU
A Concellería de Cultura, Festas e Museos organiza un Concerto de Nadal a cargo da Banda de Gaitas XARABAL, que contará coa participación do grupo PELEPAU; o concerto terá lugar este venres 19 de decembro, ás 20:30 h, no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), con entrada libre ata completar aforamento.
A Banda de Gaitas XARABAL, que cumple 30 anos, ofrece un espectáculo no que participan máis de vinte músicos. O seu principal obxectivo é mostrar ao público un amplo espectro dentro da música galega; por isto, conta cun repertorio formado tanto por pezas tradicionais como de autor. Entre estas últimas, destacan as compostas por Nazario González (Moxenas), Xosé Manuel Budiño e Ernesto Campos.. Baixo unha clara intención de renovación e apertura, o grupo fai uso dos instrumentos tradicionais da música galega, integrándoos cos propios doutras culturas e incluso con sintetizadores.
PELEPAU é un conxunto musical que ten como obxectivo adaptar cancións de tradición galega con voces e percusións para transmitir e conservar a cultura popular mediante un espectáculo interactivo. Nacido en Vigo en 2010, está composto por doce músicos da comarca e arredores na súa maioría profesores de percusión tradicional galega. A música que interpretan baséase nunha mezcla de cantares de taberna e percusións de orixe (galegas, brasileiras, uruguaias, sefardís, africanas...), interactuando co público en cada momento.
Descargar todas as imaxes