Escoitar

Caballero subliña a capacidade de normalización e integración do programa solidario "Hoxe por ti"

O alcalde apoiou este xoves á ONG A las 5 na presentación desta proposta pioneira en España, que ofrece menús de día a persoas e familias que o precisan nos doce restaurantes, taperías e bares da cidade adheridos á iniciativa ata o momento, como un cliente máis.

xoves, 18 dec 2014
1418910784ventura.JPG
"Hoxe por Ti" ten por obxectivo ofrecer menús de comida en restaurantes, bares e taperías da cidade a persoas e familias viguesas en estado de necesidade. Xestionada pola ONG A las 5, esta proposta conforma unha rede de establecementos que ofertan un menú do día a usuarios derivados desde os servizos sociais do Concello de Vigo, a Cruz Vermella, Cáritas e Arela.

Durante a presentación desta mañá no Hotel América, os presentes e participantes na proposta salientaron a integración e normalización das persoas que acuden aos locais da rede, que son tratados como un cliente máis. "Hoxe por Ti" comezou a operar o pasado mes de xuño (xa foron servidos máis de 300 pratos do día) coa finalidade de ser un complemento aos comedores sociais da cidade.

Ata o momento, "Hoxe por ti" conta cunha importante rede de restaurantes, bares e taperías da cidade: Cosmos, La Comidilla, Lume de Carozo, Picadillo, Hotel Princesa, Cafetería El Corte Inglés, Mesón–Jamonería Compostela, Baraciña, Pizzeria Tagliatella, Estrella Galicia e Bocatería Papos.
Descargar todas as imaxes