Escoitar

O alcalde anima a todo Vigo a disfrutar da ópera Lucía de Mammermoor o día 21 no Teatro Afundación

A producción operística Lucía de Mamermoor, de Gaetano Donizetti, achegará ao Teatro Afundación o próximo domingo un clásico que non se representaba na cidade desde hai 46 anos. A montaxe conta coa colaboración das viguesas Orquesta Sinfónica Vigo 430 e do Coro Universitario.

mércores, 17 dec 2014
1418820607opera.JPG
O próximo domingo 21 de decembro, Amigos de la Ópera de Vigo promoverán no Teatro Afundación a obra Lucía de Mammermoor, de Gaetano Donizetti. Durante a presentación el rolda de prensa, Caballero animou a todo Vigo a gozar dunha producción operística de gran calidade, que recupera un clásico indispensable que non se representaba na cidade desde hai 46 anos.

O rexedor felicitou ao director artístico de Amigos de la Ópera, Daniel Diz, e a Francisco Moya, director musical da ópera -presentes na rolda de prensa- por impulsar un proxecto cultural desta importancia na cidade, que ademáis coopera con outras entidades viguesas. Esta actuación, que forma parte do programa Outono Lírico 2014, contará, ao igual que o fixo a pasada tempada, coa partición da Orquesta 430 e o Coro Universitario de Vigo. Baixo o patrocinio do Concello, as entradas están a venda en Servinova desde 9 euros.

O público poderá presenciar grandes cantantes como María José Moreno, quen cantou en teatros como Scala ou o Real), ou xóvenes cantantes nacionais con proxección e experiencia nas principais tempadas nacionais, como Miguel Borrallo ou Javier Galán.
Descargar todas as imaxes