Escoitar

Os transportes especiais repuntan por primeira vez en Vigo desde o ano 2011

A Policía Local dirixiu este ano 198 traslados de transportes especiais na cidade, o que supón un repunte respecto dos dous anos anteriores cando as cifras diminuían. Segundo explicou Carlos López Font, o Concello facilita ao máximo estes traslados en beneficio das ampresas e da economía de Vigo e da súa área de influencia.

martes, 16 dec 2014
1418734066carlos.JPG
Os transportes especiais que dirixe a Policía Local na cidade aumentaron este ano en Vigo, despois de dous anos en diminución. Así o explicou esta mañá o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, quen situou en 198 os transportes especiais que se realizaron no que vai de ano, fronte aos 162 de 2013, os 145 de 2012 e, os 180 de 2011. A labor realizada pola Policía Local é crucial para as empresas que precisan desta loxística é, o que o mesmo, para a economía de Vigo e a súa área. Outra das contribucións municipais pasa pola vía das taxas, que o concelleiro cualificou de "simbólicas" dada a cantidade de medios que requiren estas actuacións. Concretamente, detallou, a recadación municipal por este concepto foi de apenas 55.000 anos no que vai de ano, mentres que no 2013, a cantidade foi de 23.844 euros.

Durante a rolda de prensa, o edil explicou que algunhas destas accións foron "certamente delicadas" e requiriron medidas complementarias para facilitar o tránsito. Referiuse, por exemplo, á tala de árbores en Gran Vía ou á reparación dunha obra civil na Praza España. Ademais, durante este ano, unha empresa afincada na área realizaba transportes de pezas eólicas os martes e os xoves e os técnicos municipais optaron por ubicalos na estrada vella de Madrid, e non na Avenida de Madrid como estaban ata ese momento. Font aclarou que a Policía Local recollía estes transportes na A55 na quenda de mañá e, a partir das 23,00 horas, organizábase o traslado das pezas ao Porto. Outra das medidas que facilitaron estes transportes foi a conversión de fixa a móbil da medianeira de Bouzas. Unha obra acometida polo Ministerio de Fomento, a instancias do Concello e das empresas afectadas. Por último Font apuntou que os destiños destes transportes son o Porto de Vigo, os astaleiros e, neste ano, tamén as obras do AVE en Urzáiz, así como un supermercado de recente implantación na cidade.

Por outra banda, o concelleiro avanzou que o tráfico xeral tamén medrou en 2014 na cidade nun 5% respecto do ano anterior e comprometeuse a facilitar a estadística completa unha vez analizados dos datos.
Descargar todas as imaxes