Inauguración exposición "Memoria e identidade no laboratorio da moda" na Casa Galega da Cultura
O mércores 17 de decembro, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a exposición "Memoria e identidade no laboratorio da moda", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.Os creadores procuran dar resposta aos problemas e as sensibilidades do momento, ou polo menos facerse as preguntas, cuestionar e cuestionarse. Hoxe moitas das preguntas que se fai o deseño teñen que ver coa súa propia natureza, a súa linguaxe, e coa sustentabilidade e mesmo coa ética do seu sistema produtivo.
O deseño de moda como un laboratorio creativo desde onde volver a atoparnos co vocabulario básico da nosa narración, traballar a partir de formas e modos que afunden as súas raíces na tradición que compartimos, a historia que nos contamos e quizá esquecemos.
Nas pezas presentes na exposición observamos o froito dunha investigación que rastrexa a utilización de formas tradicionais nas produción do deseño contemporáneo en Galicia, a través da observación de diferentes casos de estudo, tanto na construción de pezas como no desenvolvemento de propostas gráficas aplicadas. Prototipos e ensaios formais que están a propor conclusións diversas cun forte carácter identitario, marcado pola interrelación coa artesanía local, e por unha intención de innovar partindo das formas tradicionais e tamén especialmente enmarcada en un discurso sobre a sustentabilidade, entendida esta en termos éticos, económicos e ambientais.
Os deseñadores presentes na exposición están a propor un certo imaxinario común ás veces a través de formas esenciais e outras utilizando de elementos máis ficticios. Ofrecendo un repertorio de formas, siluetas, cores, texturas, que asociamos ao que denominan tradición, e que formando parte importante do imaxinario común pretenden profundar nas posibilidades da súa transformación, destilando o seu discurso creativo a partir destes signos/formas herdados.
Comisarias
Lola Dopico. Profesora da Universidade de Vigo
Cristina Varela Casal. Profesora da Universidade de Vigo
Deseñadores/as
Marta Dominguez Lloria
Yeray Súarez
Javi Nogueria
Alicia Rea Freijeiro
Sheila Pazos
Julia Soutullo Lois
Carlota Pérez González
Noemi López
Elsa Díez
Olalla Osorio
Eduardo Outeiro
Laura García
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 18 de xaneiro.