Escoitar

Resultado do sorteo do concurso "Vente cos Reis Magos 2015"

Esta mañá, ás 12:00 h, celebrouse no auditorio municipal do Concello o sorteo correspondente ao concurso "Vente cos Reis Magos 2015", que ten por obxecto seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro. As nenas e nenos repartiranse nas tres carrozas reais e na do Carteiro Real.

luns, 22 dec 2014
No documento que se acompaña figuran os nomes e apelidos das e dos afortunados no sorteo, indicando a carroza que lles corresponde. Así mesmo, tal e como marcan as bases, obtivéronse tamén suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.


Dende a Concellería de Cultura, Festas e Museos poranse en contacto cos seleccionados para recabar a pertinente autorización do pai, nai ou titor, e aportar a documentación xustificativa sobre o cumprimento das idades estabelecidas nas bases.

Máis información