Pleno da Corporación sesión EXTRAORDINARIA
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 18
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 22 de decembro de 2014, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
ÚNICO.- Situación que están a vivir as persoas con discapacidade intelectual, e as súas familias, atendidas na Asociación Galega San Francisco (AGASFRA).
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E DOUS DE DECEMBRO, para resolver o asunto da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 18 de decembro de 2014
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.