O Concello comezará en xaneiro as obras de humanización de Gerona e Gregorio Espino
A Xunta de Goberno local deu luz verde á clasificación de ofertas das humanizacións das rúas Gerona e Gregorio Espino que arrancarán o próximo mes de xaneiro. Por un importe superior a 500.000 euros, os traballos de ambas rúas estarán rematados a finais do mes de abril.
O goberno local adxudicou provisionalmente a primeira fase da humanización das rúas Gerona e Gregorio Espino que arrancarán no mes de xaneiro cun prazo de execución de 4 meses. Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, os traballos de mellora na rúa Gerona, entre Gran Vía e Gregorio Espino, ampliarán as beirarrúas e renovarán os servizos soterrados e suporán un investimento de 247.000 euros. Por outra banda, nesta primeira etapa de reforma de Gregorio Espino, cun importe de 271.000 euros, iniciarase a recuperación da rúa máis próxima a Urzáiz, e a partir de aí, seguirase traballando na rehabilitación de toda a rúa, segundo apuntou. Caballero tamén deu conta da adxudicación das obras de reforma da cuberta de Teis, cun importe de adxudicación de 154.873,95 euros e un prazo de execución de tres meses.
A Xunta de Goberno Local desta mañá de venres deu luz verde ao plan de control de calidade das obras nos campos de fútbol da ETEA, Samil e As Travesas, por un importe total de preto dun millón de euros. Tal e como detallou o rexedor en rolda de prensa, no campo de As Travesas, acometerase a reposición e mellora do terreo de herba artificial e o sistema de rego. No caso de Samil, tamén se reporá e mellorará o terreo de xogo de herba artificial, así como o sistema de rego. Por último, o Concello construirá un novo campo de fútbol 11 nas instalacións da ETEA.
Xerencia
Na Xerencia de Urbanismo deuse conta do informe de comunicacións previas do servizo de barrios históricos presentadas entre o 1 de abril e o 30 de outubro. En total, tramitáronse 273 comunicacións previas, das que 68 eran de inicio de actividade, 22 de adaptación de locais para actividades, 69 de cambio de titularidade de actividade, 92 de obras menores, 20 de obras maiores e rótulos e 2 de instalación de grúas. Ademais, detallou o rexedor, informouse da tramitación de 42 expedientes de licenza de obras menores durante o mesmo periodo. Na reunión semanal de urbanismo tamén se deu conta da concesión de 2 licenzas de obra, 1 de actividade e 3 de primeira ocupación.
Descargar todas as imaxes