Escoitar

PP e BNG rexeitan a instalación do buque Bernardo Alfageme en Coia

O Pleno da Corporación debatiu este luns unha moción nacionalista instando a recuperar a ornamentación vexetal da rotonda da Avenida de Castelao, onde o goberno de Vigo prevé a instalación do histórico barco Bernardo Alfageme. PP e BNG sumaron os seus votos para aprobar esta moción, coa oposición socialista.

luns, 22 dec 2014
A sesión plenaria deste luns debateu e aprobou unha moción presentada polo grupo nacionalista e apoiada polo PP solicitando a recuperación da ornamentación vexetal na rotonda da Avenida de Castelao, onde o goberno de Vigo prevé a instalación do buque Bernardo Alfageme, o único pesqueiro de altura galego que se conserva dos fabricados na primeira metade do século XX.

O edil de Fomento, David Regades, recordou que os gobernos anteriores gastaron 630.000 euros neste barco, o seu traslado a Coia costaría 100.000 euros e o mantemento actual no porto vigués supón un gasto de 60.000 euros anuais. O concelleiro cifrou en case 23 millóns de euros a partida municipal deste ano para políticas sociais.