Até o sábado 5 concertos, actvidades na Academia de Sons e a exposición "Vigo ten swing", aberta na Casa das Artes até o 27 de xullo

O pianista Marco Mezquida inaugura a 10ª edición de Imaxina Sons o xoves 26 de xuño

mércores, 25 xuñ 2014

O pianista Marco Mezquida, ao contrabaixista Marko Lohikari e o batería Carlos Falanga, serán os encargados de inaugurar o 10º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons o xoves 26 de xuño ás 21h no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei). O festival desenvólvese até o 5 de xullo en diferentes espazos da cidade. As entradas xa se poden adquirir en servinova.com e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26).

Inscrición nas actividades da "Academia de Sons"

venres, 20 xuñ 2014

O Festival de Jazz IMAXINA SONS'14 oferta o programa "Academia de Sons", que terá lugar do 30 de xuño ao 3 de xullo no Marco (r/ Príncipe, 54), cunha serie de actividades lúdicas que teñen por obxectivo aprender, experimentar e divertirse. A inscrición para estas actividades será gratuíta e realizarase exclusivamente a través do servizo do 010 (ou 986.810.260 se chama dende fóra de Vigo ou dende móbil), dende o venres día 20 ata as 14:00 h do venres 27 de xuño.

Posta á venda das entradas para o IMAXINA SONS'14

luns, 16 xuñ 2014

Hoxe luns, día 16, puxéronse á venda as entradas para a décima edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'14, que terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo; os concertos de pagamento desenvolveranse no Auditorio Municipal do Concello (5 € + gastos de xestión), e no salón de actos do Marco (3 € + gastos de xestión).As entradas poden mercarse anticipadamente no servizo de Servinova (www.servinova.com, ou no teléfono 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).

Inauguración da exposición Afinidades Selectivas 7 na Casa Galega da Cultura

mércores, 11 xuñ 2014

Este mércores día 11 de xuño, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura a exposición "Afinidades Selectivas 7", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo. A mostra da continuidade a un proxecto iniciado no ano 2008, baixo o comisariado de Susana Cendán, e que continua a evolucionar nesta sétima edición, xa perfectamente integrado na axenda cultural da cidade de Vigo.

Xornadas "Arte en acción" na Fundación Laxeiro

martes, 10 xuñ 2014

A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas e maila Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza unhas xornadas de arte de acción, de investigación e divulgación de aspectos que conforman a arte do noso tempo. As xornadas terán lugar o martes e mércores na sede da Fundación Laxeiro.

O MARCO inaugura a exposición ‘EIDOS DA IMAXE. GRAFÍAS DOS FEITOS E DO PENSAMENTO’

venres, 6 xuñ 2014

O Marco inaugura hoxe a mostra "Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento", comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, un proxecto realizado en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.Pola tarde, ás 20.00, durante a inauguración da exposición, terá lugar a performance Mapamundi accidental (2014), do artista Juan Fernando de Laiglesia, participante na exposición.