mércores, 4 xuñ 2014
O festival de jazz, que acada unha década de existencia, comezará o próximo 26 de xuño e traerá a Vigo artistas de renome como Alfredo Rodríguez ou Riverside Quartet. Para o proxecto destinouse unha partida de 191.000 euros, que Caballero cualificou como "un grande esforzo por parte da cidade para que non se aminore o seu nivel cultural en época de crise".
mércores, 4 xuñ 2014
1º Certame Nacional de Relatos Vigo Histórico, un concurso aberto para escritores que terán a posibilidade de ver a súa obra editada, ademais de recibir un premio económico (un primeiro premio e cinco accesits) que colabora coa O.N.G "A las 5 Acción Solidaria de Emergencia". alas5.org
martes, 3 xuñ 2014
Abel Caballero informou este martes da aprobación do convenio de apoio a O Marisquiño, o evento dos que se celebran cada ano en Vigo que atrae máis persoas á cidade. O alcalde valorou a aportación municipal nuns 75.000 euros en total, sumando a achega da seguridade e a cesión durante tres días do Auditorio Mar de Vigo.
martes, 3 xuñ 2014
As proxeccións do terceiro festival de filmes Primavera do Cine en Vigo comezarán mañá mércores nos auditorios do Concello de Vigo e do MARCO, e finalizarán o próximo domingo 8 de xuño. Durante a presentación do programa, o rexedor sumouse aos organizadores ao ratificar o carácter reflexivo deste festival .
martes, 3 xuñ 2014
Desde hoxe martes, e ata o 29 de xuño, o Concello de Vigo oferta visitas guiadas á exposición ubicada na Casa das Artes, tanto con cita previa como para o público presente na sala. A mostra encádrase no labor do Concello de Vigo de difusión e recuperación do arquivo.
venres, 30 mai 2014
O programa de artes escénicas e cinema ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que se desenvolveu en paralelo á exposición ‘VERANEANTES’, complétase esta fin de semana coa proxección do filme El futuro, primeira longametraxe en solitario de Luis López Carrasco, membro fundador do colectivo audiovisual Los Hijos. Proxeccions venres 30 e sábado 31 de maio,ás 19.30 horas no Patio 1 (planta baixa)entrada gratuía,prazas limitadas ata completar aforo.
martes, 27 mai 2014
Do 4 e 8 de xuño celebrase a III edición do Festival Primavera do Cine en Vigo organizado polas agrupacións culturais Musiquina 33mg e O Reencanto, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. As proxeccións terán lugar no salón de actos do Marco e no Auditorio Municipal do Concello.
xoves, 22 mai 2014
A praza de Compostela acolle a Feira do Libro Novo de Vigo entre os días 23 de maio e 1 de xuño que contará coa presenza das dúas bibliotecas públicas da cidade, a Biblioteca Pública Juan Compañel maila Biblioteca Municipal "Neira Vilas".
mércores, 21 mai 2014
A Casa das Artes acolle do 21 de maio ao 15 de xuño a exposición "Pacheco. A memoria dun tempo e dun pais"na que se fai un percorrido pola memoria das xentes, rúas e acontecementos históricos e cotiáns da cidade de Vigo.
martes, 20 mai 2014
O Goberno local aprobou unha subvención de 605.000 euros para a Fundación MARCO, o que supón máis do 70% do seu orzamento. O alcalde lembrou que outras administracións recortaron a súas achegas -Xunta e Ministerio de Cultura-, mentres que outras as abandonaron, en referencia á Deputación de Pontevedra.