martes, 29 xul 2014
Dentro das Festas de Verán esta semana está programada actuacións de "Animacións de Rúa" nos enclaves de Porta do Sol, rúa do Príncipe e Montero Ríos a partir das 20:30 horas. Participan os grupos:<br />
AIRIÑOS DO COTO (luns 28 de xullo); SEMENTE DE ARTE GALEGA (martes 29 de xullo); OS VENTOS DE COMESAÑA (mércores 30 de xullo); LEMBRANZAS GALEGAS (xoves 31 de xullo); ANDARELA (venres 1 de agosto) e COTOGRANDE (sábado 2 de agosto).<br />
martes, 29 xul 2014
Malú, a popular "coach" de "La Voz" e "La Voz Kids" e a indiscutíbel voz do pop español actúa en Vigo o martes 29 de xullo,ás 22:30 horas, en Castrelos presentando a súa xira "Sí" cunha espectacular montaxe visual. A popular cantante presenta o seu novo traballo ademais de facer un repaso polos éxitos cos que leva triunfando desde que comezou a súa carreira, con tan só 15 anos.
xoves, 24 xul 2014
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, presentaron a programación da Festa da Cultura que se celebrará os días 24,25 e 26 na Porta do Sol a na rúa do Píncipe. Os obradoiros para nenos súmanse ás máis de 25 actuacións de baile e música previstas, co colofón dos concertos de grupos nacionais e internacionais
xoves, 24 xul 2014
A Agrupación Fotográfica Galega organiza, un ano máis, co patrocinio do Concello de Vigo e dentro do programa Vigo en Festas, a XIX edición do Maratón Fotográfico. A cita terá lugar o día 2 de agosto ás 21.00 horas cunha duración de 24 horas. Os participantes deberán aboar 10 euros en concepto de inscripción.
mércores, 23 xul 2014
A Coral Casablanca e Orquestra ofrecerá un concerto o xoves día 24 ás 23:00 horas no auditorio de Castrelos con entrada libre ata completar aforo. O concerto titulado "Cruzando Pontes" forma parte do programa de "Vigo en Festas 2014"
martes, 22 xul 2014
O auditorio do parque de Castrelos acolle o mércores 23 de xullo ás 21 horas o VII Festival de Orfeóns de ACOPOVI dentro do programa de "Vigo en Festas 2014". Trátase dun espectáculo lírico das corais de Vigo; a entrada é libre ata completar aforo.
venres, 18 xul 2014
O Concello colabora na segunda edición de VIKUL, o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que se celebrará no Verbum (Avenida de Samil, 17), entre os días 18 e 20 de xullo. Clases maxistrais de artistas nacionais e internacionais compartirán cartel con actuacións na rúa, obradoiros de danza e graffiti para os máis pequenos e un gran flashmob de peche.
xoves, 17 xul 2014
O Concello de Vigo e os organizadores de O MARISQUIÑO teñen programado unha ampla axenda cultural que se desenvolverá paralelamente á celebración do evento de cultura urbana máis importante de España. O rexedor destacou que nos días 8, 9 e 10 de agosto a cidade volverá a ser un referente europeo neste ámbito.
luns, 14 xul 2014
O Concello ten á venda desde hoxe luns as entradas para os concertos de Malú e de Jamie Cullum, que terán lugar no Auditorio ao aire libre de Castrelos os días 29 de xullo (22:30 h) e 8 de agosto (23:00 h), respectivamente, e que se inclúen no programa VIGO EN FESTAS 2014.
martes, 8 xul 2014
Durante o mes de xullo, el MARCO retoma os seus talleres de verán para público infantil e familiar, que nesta ocasión se centran na exposición ‘EIDOS DA IMAXE EN. Grafías dos feitos e do pensamento’. Inaugurada a principios de xuño nas salas do primeiro andar, este proxecto expositivo mostra como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo.