Escoitar

O alcalde lembra a Carlos Oroza como "poeta universal"

A capela ardente do poeta falecido este domingo en Vigo aos 92 anos permanecerá aberta ata as 17:00 horas da tarde deste luns na Casa da Cultura Galega, o espazo que o Concello habilitou para que a cidadanía puidera render homenaxe a un autor que o alcalde definiu como "poeta universal que facía a súa poesía dende as rúas de Vigo, de Madrid, de España para a cidadanía do mundo".

luns, 23 nov 2015
1448288518Orozacapela.jpg
O rexedor visitou esta mañá a capela ardente de Carlos Oroza, situada na Casa da Cultura Galega para saudar aos seus achegados e transmitirlles o pésame polo seu falecemento.

Abel Caballero recordou a Carlos Oroza como "poeta universal, poeta para o mundo, para Europa, que facía a súa poesía desde as rúas, de Vigo, de Madrid, de España, do mundo. Facía a súa poesía para a cidadanía do mundo, unha poesía de sentimento, sensacións, de visualización das cidades, dos espazos e de querenza ás persoas". Ademais, mencionou que o Concello habilitou a Casa Galega da Cultura para o velorio porque "quixemos que estivera no máis nobre lugar desta cidade, no antigo Concello, no lugar onde entrou a democracia en Vigo" e sinalou que dentro duns días se vai instalar unha placa co nome do poeta nunha rúa transversal a Príncipe "e aí seguirá a súa poesía e seguirá Carlos Oroza paseando eternamente polas rúas de Vigo".
Descargar todas as imaxes