Escoitar

A cuarta edición do Concurso de Violín e Violonchelo chega o 4 de decembro ao Mar de Vigo

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou esta mañá na presentacion da IV edición do Concurso de Violín e Violonchelo Cidade de Vigo que se desenvolverá esta fin de semana no Conservatorio Superior de Música. O concerto cos gañadores de 2014 será o día 4 no Auditorio Mar de Vigo, con entrada gratuíta ata completar aforo.

venres, 27 nov 2015
1448628411VIOLIN.JPG
Vigo acolle a primeira fin de semana de decembro, entre o 4 e o 6, a cuarta edición do Concurso de Violín e Violonchelo Cidade de Vigo, organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda (AGIC), coa colaboración do Concello. O certame, que se celebra nas instalacións do Conservatorio Superior de Música de Vigo, contará coa participación de 42 estudantes procedentes de toda España e Portugal.

O concurso comeza o día 4, en horario de tarde coa categoría de violín, e ese mesmo día, ás 18,30 horas, o Auditorio Mar de Vigo acollerá un concerto gratuíto interpretado polos gañadores da edición de 2014, que actuarán coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior, baixo a batuta de Francisco Pérez Rodríguez. O xurado do IV Concurso de violín e violonchelo Cidade de Vigo está presidido por Maximino Zumalave, director asociado da Real Filarmónica de Galicia

AGIC fundouse en 2011 co obxectivo de promocionar os concursos para nenos que estudan instrumentos de corda en calquera centro de Galicia.
Descargar todas as imaxes