Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 26 nov 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 27 DE NOVEMBRO DE 2015.



1.- Acta da sesión ordinaria do 6 de novembro, extraordinaria e urxente do 10 de novembro e ordinaria e extraordinaria e urxente do 12 de novembro de 2015.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas e Autos:

a) Expte. 9288/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 378/2015 P.A. Demandante: CESPA S.A. Obxecto: Resolución do 26 de maio do 2015, responsabilidade patrimonial administrativa, imputación á concesionaria (caída o 30.06.2013 na alameda de Bouzas).Desestimado o recurso.

b) Expte. 8490/111. Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 4071/2015 interposto polo CONCELLO DE PORRIÑO contra Sentenza desestimatoria do X.Contencioso Administrativo en relación con liquidacións por subministración de auga potable (marzo -agosto 2013). Desestimado o recurso de apelación.

c) Expte. 8503/111. Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 4070/2015, interposto polo CONCELLO DE PORRIÑO contra Sentenza desestimatoria do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo en relación con liquidacións por subministración deauga en alta set-dec 2013. Desestimado o recurso.

d) Expte. 9396/111. Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 430/2015 P.A. Demandante: D. GABRIEL SOTO TOURIÑO.Obxecto: Resolución do 3 de xullo do 2015, reclamación de responsabilidade patrimonial administrativa, caída na vía pública o 30 .08.14. Destimado o recurso.

e) Expte. 7955/111. Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 84/2013 P.O. (e 85/2013 P.A. acumulado). Demandante: APARCAMIENTOS I.C. GOMEZ ULLA S.L. Obxecto: "Resolución" do 17.01.13 e XGL 2.11.12. Ordes de Execución praza cuberta aparcadoiro da r/Coruña. Desestimento da demandante.


f) Expte. 9136/111. Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 207/15 P.A. Demandante: D. DAVID GONZÁLEZ RODRÍGUEZ. Obxecto: Resolución do 2 de febreiro do 2015 (en reposición). Sanción tráfico, art. 12.1 TRLT e SV. Declara rematado o procedemento por perda sobrevida do seu obxecto.

g) Expte. 9412/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 482/2015 P.A. Demandante: C.P. TOMÁS ALONSO Nº 148. Obxecto: Responsabilidade patrimonial administrativa, asolagamentos nos sotos por choivas. Desestimado o recurso.

h) Expte. 9202/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo RC-A nº 232/15 P.A. Demandante: D. BERNARDO FERNÁNDEZ TRAVIESO. Obxecto: Resolución do 10 de marzo do 2015 (en reposición), responsabilidade patrimonial administrativa por asolagamento do soto na r/Urzaiz nº 71 e 73 (obras de humanización). Desestimado o recurso.

i) Expte. 9417/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo RC-A nº 417/15 P.A. Demandante: D. MANUEL ESTÉVEZ MOLARES. Obxecto: Resolución do Trib. Econ. Admtvo. do Concello de Vigo do 30 de abril do 2015. Solicitude devolución IVTM 2001-2012. Desestimado o recurso.

k) Expte. 9391/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo RC-A nº 474/2015 P.A. Demandante: D. GUILHERME VINICIUS GALLAN. Obxecto: Resolución do 2 de xullo do 2015, responsabilidade patrimonial administrativa, caída de ciclomotor na Avda. Castelao o 9 de marzo do 2014. Desestimado o recurso.

l) Expte. nº 9418/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 414/2015 P.A. Demandante: Dª. Mª DEL CARMEN CARBALLIDO GIL. Obxecto: Resolución do 12 de maio do 2015. Sanción tráfico: estacionamento en zona reservada para minusválidos. Estimado o recurso.

m) Expte. 9426/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 449/2015 P.A. Demandante: ANA MARÍA PIÑERIO LÓPEZ. Obxecto: Resolución do 13 de xullo do 2015, responsabilidade patrimonial administrativa, caída na vía pública o 29 do 9 do 2014 no barrio histórico. Desestimado o recurso.




BENESTAR SOCIAL
3.- Prórroga do contrato de servizos do "Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social" (CIIES). Expte. 116851/301.

CONTRATACIÓN
4.- Clasificación de ofertas no procedemento negociado para a enaxenación de 227 vehículos para chatarra. Expte. 5276/241.

5.- Proposta de adxudicación do procedemento aberto para a contratación do Servizo da xestión parcial das escolas infantís municipais Santa Cristina-Lavadores, Atalaia-Teis e Costeira-Saiáns. Expte. 17066/332.

6.- Resolución de oficio do contrato de obras de "reforma da cuberta de Río e consolidación estrutural no Estadio de Balaídos. Fase 1". Expte. 5413/241.

7.- Prórroga do prazo outorgado a Puentes y Calzadas Grupo de Empresas S.A. para o cumprimento dos requisitos esixidos no punto 2º do acordo da X.Goberno local do 26.06.15. Expte. 636/449.

CULTURA
8.- Proposta de concesión de subvención á Asociación Amigos de la Ópera de Vigo e proxecto de convenio para a realización do "Otoño Lírico 2015". Expte. 604/330.

DEPORTES
9.- Prórroga do contrato de servizos técnico-docentes para o desenvolvemento das actividades físico-deportivas do programa de ximnasia para persoas maiores. Expte. 13287/333.

10.- Autorización para a organización de "Carreira solidaria popular Érguete" o 29 de novembro de 2015. Expte. 14484/333.

11.- Autorización para a organización do "XXXVII Memorial Belarmino Alonso de Campo a través" o vindeiro 29 de novembro de 2015. Expte. 14513/333.

IGUALDADE
12.- Aceptación de renuncias ás subvencións concedidas ao abeiro do "Programa específico de subvencións da Concellería de Igualdade para a realización de programas e ou actividades de promoción da muller do ano 2015". Expte. 6709/224.

MEDIO AMBIENTE
13.- Prórroga do convenio para a recollida de animais soltos e atención do Centro de Recollida ou refuxio de animais de a Madroa. Expte. 8949/306.

OSPIO
14.- Aceptación do Plan de Xestión de residuos e aprobación do Plan de Seguridade e saúde da obra "Estabilización do noiro no camiño de Lagoa en Teis". Expte. 3126/443.

PATRIMONIO
15.- Cesión en uso da planta 2ª do edificio nº 2 da rúa Cánovas del Castillo á entidade Instituto Estudios Vigueses. Expte. 12856/101.

POLICÍA LOCAL
16- Proposta de resolución do expediente disciplinario incoado ao policía con NIP 294097. Expte. 45087/212.

RECURSOS HUMANOS
17.- Proposta de nomeamento de funcionaria de carreira con cargo a praza vacante de Técnico/a media de arquivos (O.E.P. 2010-2011). Expte. 27346/220.

18.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de tres auxiliares de Admón. Xeral baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da Lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un prazo máximo de seis meses, para a Dirección de Ingresos. Expte. 27237/220.

19.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de doce axudantes de oficios, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do Texto Refundido da Lei do EBEP, para o servizo de Educación. Expte. 27276/220.

20.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de dóus/dúas subalternos/as, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do Texto Refundido da Lei do EBEP, por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Conserxería. Expte. 27305/220.

21.- Prórroga do programa temporal "Desenvolvemento dos Proxectos: Xestión documental, implantación do entorno de traballo virtual-e, adaptación ao esquema nacional de seguridade" por un prazo de seis meses e conseguinte prórroga do nomeamento interino por execución de programa temporal para o servizo de Administración Electrónica. Expte. 27284/220.

22.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de outubro 2015. Expte. 27272/220.

23.- Complemento de produtividade por xornada partida do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de outubro de 2015. Expte. 27273/220.

24.- Complemento de produtividade por toxicidade á brigada de pavimentación do Parque Móbil, correspondente ao mes de outubro de 2015. Expte. 27274/220.

25.- Complemento de produtividade a persoal dos servizos Enerxéticos por limpeza especial de fontes públicas ornamentais. Expte. 27265/220.

26.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondentes ao mes de outubro de 2015. Expte. 27302/220.

27.- Dar conta de resolución do concelleiro da Área de Xestión Municipal e Persoal:

a) Encomenda de funcións de Dna. Marta Riobó Ibáñez. Expte. 27259/220.

b) Reasignación como consecuencia da adaptación de posto de traballo do empregado municipal de D. Óscar Sevilla Valcárcel ao servizo de Educación. Expte. 26596/220.
c) Liquidación de intereses no cumprimento de mandatos xudiciais: na execución 341/2014 (Dna. Rosa Mª Molinos Campos); Execución da sentenza nº 88/2015 (D. Enrique Antonio Fernández Fernández). Execución da sentenza nº 73/2015 (D. Edelmiro Garrido Lage). Expte. 27349/220.


SEGURIDADE E MOBILIDADE
28.- Proposta de autorización de viaxe a Genova para asistir a reunión dos traballos do proxecto P4ITS, ao funcionario D. Manuel Monroy Castro. Expte. 95371/210.

29.- Proposta de autorización de viaxe a Genova para asistir a reunión dos traballos do proxecto P4ITS, ao funcionario D. Antonio Vivero Mijares. Expte. 95372/210.

URBANISMO
30.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 8562/407.

31.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 8564/407.

VIAS E OBRAS
32.- Proposta de aprobación da modificación do contrato de "acondicionamento, conservación e arranxo das infraestruturas viarias do Concello de Vigo". Expte. 71048/250.

33.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 27 de novembro de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 25 de novembro de 2015.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.