Exposición "Lavadores pasado e presente da nosa parroquia"_Verbum
O Verbum-Casa das Palabras alberga dende mañán venres día 27, e ata o 15 de decembro, a exposición "Lavadores pasado e presente da nosa parroquia", organizada polo CEIP O Pombal de Vigo.

Exposición organizada polo CEIP O Pombal de Vigo, pola que recibiu o galardón da IX edición do Proxecto Didáctico "Antonio Fraguas", na modalidade de ensino primario; o xurado destacou o esforzo por situar o alumnado dentro da memoria local do seu contorno máis inmediato, con especialidades históricas propias e polo subxacente esforzo de re-galizar a comunidade escolar mediante un proxecto didáctico multidisciplinar.
Descargar todas as imaxes