A decana do Colexio de Avogados lerá o venres día 4 o bando do Día da Constitución
A decana do Colexio de Avogados, Lourdes Carballo Fidalgo, será a pregoeira do acto co que o Concello conmemorará o próximo venres 4 de decembro o Día da Constitución. O alcalde invitou a todo Vigo a participar desta celebración, que este ano será ás 18,00 horas na Casa Galega da Cultura.