Escoitar

Caballero reclama garantías legais para que a reforma local non entre en vigor o 1 de xaneiro

O presidente da FEMP, ante a entrada en vigor da LRSAL en xaneiro, asegura que "queremos garantías legais non unha nota de prensa". En base ás consultas realizadas, sinalou, "vai haber un número elevadísimo de reparos dos interventores á política social" na medida que se aplican fondos a unha competencia que non teñen os concellos.

xoves, 26 nov 2015
O presidente da FEMP, Abel Caballero, insistiu hoxe xoves en demandar ao Goberno unha norma que garanta aos concellos as competencias sociais a partir do próximo mes de xaneiro: "non é unha nota de prensa o que queremos, senón garantías legais". Caballero respondía deste xeito á informacións emitidas a través dun teletipo polo que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, no senso de que o traspaso de competencias sociais ás Comunidades Autónomas non se producirá o 1 de xaneiro, senón que queda supeditado á negociación dun novo modelo de financiación autonómica e local".

En declaracións aos medios, Caballero agradeceu que o Goberno local "amose vontade política", pero non estamos falando de vontede política, senón de garantías legais, de que os concellos teñamos a garantía legal de que o 1 de xaneiro non nos quedaremos sen a posilibilidade de seguir a prestar os servizos sociais".

Engadiu Abel Caballero que, en base ás consultas realizadas aos interventores municipais "xa temos conformada unha opinión", no senso de que, nos lugares donde non existe lexislación autonómica ao respecto "vai haber un número elevadísimo de reparos dos interventores á política social", engadiu, "na medida en que se aplican fondos a unha competencia que non temos os concellos", e trátase dunha dificultade moi seria, porque estamos falando de vulnerar a lei".

Lembrou que en Galicia hai unha norma autonómica "que nos permite seguir a prestar as políticas sociais, pero en España hai moitos miles de concellos que poden ter problemas e, en consecuencia, queremos ter garantías.