O Concello apoia o proxecto da Asociación Down Vigo de crear un centro de día no Casco Vello
O alcalde trasladou hoxe xoves o apoio do Concello á proxecto de Down Vigo de crear un centro de día no Casco Vello para usuarios de toda a área metropolitana. Logo de manter un encontro co presidente e o tesoureiro, Caballero eloxiou o proxecto e cualificou de "magnífica" a opción de ubicar esta dotación no edificio lindante co Rexistro da Propiedade.