Escoitar

Vigo adica unha rúa á axente Vanessa Lage, falecida hai un ano nun atraco a unha sucursal bancaria

O alcalde valorou este venres, no acto organizado polo primeiro aniversario do seu pasamento -que se cumpre este sábado, 28 de novembro-, que "é tempo de volver renderlle tributo a unha muller que fixo da súa vida a defensa da cidade". Caballero salientou a "débeda eterna" de Vigo con Vanessa Lage e trasladoulles a todos os axentes de Policía o "inmenso respecto" da cidadanía "polo que sodes e representades". O Concello pasa a denominar como "Vanessa Lage Carreira" a ata hoxe travesía de José Antela Conde.

venres, 27 nov 2015
1448629111POLICIA.JPG
Durante a súa intervención na Comisaría de Policía, o alcalde de Vigo apuntou que "é tempo de dor" e tamén "tempo de honra" para todos os axentes de Policía, "simbolizados en Vanessa", coa que a cidade ten unha "débeda eterna". Caballero asegurou que "é tempo de volver rendirlle tributo a unha muller que fixo da súa vida a defensa da cidade", no aniversario do seu falecemento en acto de servizo durante un atraco a unha sucursal bancaria viguesa, cunha homenaxe e coa denominación dunha rúa.

O rexedor abondou en que os vigueses e as viguesas teñen un "inmenso respecto" tanto por Vanessa Lage como por todos os efectivos policiais que operan na cidade, "polo que sodes e representades", e subliñou que "ela fixo pola cidade o que soamente os heroes son quen de facer".
Descargar todas as imaxes