Escoitar

Caballero pide ao Sergas que facilite a execución do aparcamento gratuíto que constrúe o Concello no hospital

O alcalde de Vigo reclamou á Xunta que non obstaculice a execución do aparcamento gratuíto que o Concello está a construír no novo hospital. En rolda de prensa, esixiu, unha vez máis, que se dea prioridade aos intereses dos cidadáns e non aos da empresa concesionaria. <br />

venres, 27 nov 2015
O alcalde de Vigo esixiu unha vez máis á Xunta que priorice o benestar dos pacientes e non a conta de resultados da concesionaria na xestión dos accesos ao novo hospital de Vigo. En rolda de prensa, Caballero instou ao Sergas a autorizar o enlace do parking que está a construír o Concello coa rotonda principal do hospital.

O Concello respondeu por escrito descartando á alternativa da Xunta de propoñer conectar a parcela coa Avenida de Campoamor dado que a opción municipal é máis segura, evita riscos de retención de tráfico na rotonda da VG20, ademais de ser a que menos afectaría ao río Barxa, segundo recomendacións de Augas de Galicia. Segundo explicou, a proposta do Sergas non respecta ás medidas mínimas de seguridade, ademais de que podería repercutir no tráfico da rotonda que vai ao Parque Tecnolóxico ou á Universidade.

Respecto das dúbidas da Xunta sobre que puidera haber problemas co tráfico de urxencias, Caballero lembrou que foi o actual goberno autonómico o eliminou a construción dun acceso directo e exclusivo para urxencias que si contemplaba o proxecto deseñado polo goberno de Emilio Pérez Touriño. Ademais, os vehículos privados que acceden ao aparcamento de urxencias poden usar calquera acceso, incluído o de urxencias e non ten sentido que os que pagan aparcamento non molesten, mentres que si estorban aos que usan o aparcamento de balde. En todo caso, puntualizou o rexedor, a proposta municipal non establece a necesidade de usar o acceso de urxencias, senón que pretende que se poidan usar todos os accesos.

Outro dos aspectos aos que responde o escrito enviado desde a Xerencia de Urbanismo é a suposta incompatibilidade que atribúe a Xunta ao tráfico rodado a peonil na glorieta. Explicou que é moi frecuente esta compatibilidade de tráficos, tal e como sucede na Avenida de Clara Campoamor.