Escoitar

O alcalde di que a San Silvestre, no seu décimo aniversario, será "unha gran carreira solidaria" para rematar o ano

A undécima edición da San Silvestre solidaria festexará o xoves 31 de decembro (17,00 horas) a década de historia en Vigo. E será o seu terceiro Nadal consecutivo co epicentro na Praza de Compostela, estando previstas varias novidades. <br />

venres, 27 nov 2015
1448628948SANSILVESTRE.jpg
Abel Caballero, alcalde de Vigo, que asistiu á roda de prensa acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, organizadores, patrocinadores privados e os atletas olímpicos Álvarez Salgado, Carlos Pérez e Ramón Magariños, asegurou que "imos facer unha gran carreira" e invitou "a toda a cidade" a participar. "A maxia da constancia das datas fai que cumpramos 10 anos celebrándoa", dixo.

O rexedor incidiu en que é "unha carreira non competitiva e lúdica" que ademais ten un obxectivo solidario: recadar un quilo de alimentos non perecedoiros por participante para destinalos ao Banco de Alimentos de Vigo. O Concello é o patrocinador principal desta acción, apoiada por Máis que Auga, Gadis, Coca-Cola e Frutas Neves.

A proba mantense na Alameda pero mellora substancialmente o percorrido, ao dar unha soa volta a un circuíto de 4 quilómetros que con saída e meta en Concepción Arenal chega nos seus extremos ata a estación de tren en Areal e O Berbés, cubrindo o Ensanche e o Casco Vello.

A fin de que a participación sexa moi importante, a inscricción poderase realizar desde o 1 ao 29 de decembro nos centros Máis que Auga de Barreiro, Florida e Navia, na Fundación Vigo en Deporte (VIDE), na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e na Federación de Peñas Recreativas El Olivo.

Coa inscrición, gratuíta, faise entrega do dorsal para a proba. O día da carreira haberá unha carpa do Banco de Alimentos onde se poderá entregar o quilo de alimentos non perecedoiros. Presentando o dorsal recibirase un gorro de Papá Noel.

"É unha carreira que se fixo moi grande", explicou o olímpico Álvarez Salgado. Tanto el como a atleta do Comesaña Sporting Club Sara Pérez lembraron e agradeceron o excelente traballo destes anos do Club Atletismo Vigo. Agora toman a testemuña a FPR El Olivo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e o organizador de carreiras populares David Posada.

Como é tradicional, haberá chocolatada ao remate da carreira e premio aos mellores disfraces. "Animo a todos, atletas e familias, a acabar o ano de forma festiva", manifestou Sara Pérez, atleta e un activo da propia organización. "Que a xente veña disfrazada; eu son asidua a disfrazarme nesta carreira".

Pedro Pereira, en representación do Banco de Alimentos, amosou a súa ledicia pola "xenerosidade" desta acción que permitirá "seguir axudando a todos os veciños necesitados"
Descargar todas as imaxes