Escoitar

Oferta de obradoiros familiares na exposición de Mingos Teixeira na Casa das Artes

A Concellería de Cultura oferta obradoiros para grupos familiares, na exposición "Alicia no país das marabillas. Mingos Teixeira: Metamorfose", que terá lugar na planta baixa da Casa das Artes, entre o 4 de decembro de 2015 e o 10 de xaneiro de 2016.A inscrición nos obradoiros precisa reserva previa, que poderán realizar a partir do venres 27 de novembro.

venres, 27 nov 2015
1448628228mingos.jpg
Os obradoiros, realizados polo propio artista, ofértanse os sábados 5, 12 e 26 de decembro, 2 e 9 de xaneiro, ás 18:30 h, cunha duración aproximada de 90 minutos. Os seus destinatarios serán grupos familiares, nenos e nenas a partir dos seis anos acompañados necesariamente por algunha persoa adulta.

O artista proporalles aos grupos familiares un percorrido pola exposición coa intención de fomentar a comunicación interfamiliar en relación coas obras. Na visita aparecerán termos relacionados coa mostra como son: a imaxinación, a creatividade, a cor, a composición, o debuxo, a conexión coa música, a poesía, a literatura, a liberdade creativa, as artes plásticas, a capacidade das e dos artistas e tamén dos espectadores e espectadoras para interpretar e reinterpretar as imaxes e crear algo novo.

A inscrición nos obradoiros precisa reserva previa, que poderán realizar a partir do venres 27 de novembro, ben telefonicamente (a través do 986.240.130 ou 619 94 89 20; de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h), electronicamente no enderezo "info.aprmvigo@gmail.com", ou presencialmente (no lugar da exposición, no horario de apertura da Casa das Artes: de luns a sábado, de 18:00 a 21:00 h; e sábados, domingos e festivos de 12:00 a 14:00 h).

Admitirase un máximo de 4 persoas por inscrición (unha persoa adulta polo menos en cada inscrición); quen figure nunha reserva non pode repetirse en calquera outro grupo, da mesma xornada ou doutra diferente.
Descargar todas as imaxes