Escoitar

Convocatoria de subvencións para rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIS (Areas de Rehabilitación Integral)

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo en sesión ordinaria de 13 de novembro de 2015, acordou a aprobación da CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO CON FINANCIAMENTO DO PROGRAMA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS DO PLAN ESTATAL DE FOMENTO DO ALUGAMENTO DE VIVENDAS, A REHABILITACIÓN EDIFICATORIA E A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS, 2013-2016.

venres, 27 nov 2015
As Bases reguladoras publicáronse no Boletín Oficial da Provincia nº 229 do 26 de novembro de 2015 e na páxina web da Xerencia Municipal de Urbanismo.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, do 27 de novembro ao 26 de decembro de 2015.
Poderanse solicitar axudas á rehabilitación para os edificios de uso residencial e as vivendas incluídos nas ARIs declaradas no Concello de Vigo:
- ARI do Conxunto Histórico do Casco Vello de Vigo.
- ARIX de Bouzas.
- ARIX de Bueu–Moaña do Polígono de Coia.
- ARIX do Grupo Casas de Santa Clara.

As solicitudes deberán presentarse necesariamente segundo o modelo normalizado que se inclúe como ANEXO II nas bases de convocatoria, no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992 (LRJPAC).

Máis información na Oficina de rehabilitación, Praza da Princesa nº 7, 1º 36202 en Vigo, teléfono 986442560, ou no correo electrónico urb.rehabilitación@vigo.org