A cantante Maria João inaugura a 11ª edición de Imaxina Sons o venres 26 de xuño
O festival desenvólvese até o 4 de xullo. O concerto de apertura de Imaxina Sons 2015 ten lugar no Auditorio Municipal do Concello o venres 26 de xuño ás 21h e con el arrancan 9 días de música ao vivo na cidade coa presenza de figuras internacionais como Marc Ribot e a estrea da Orquestra de Jazz de Galicia.
Participou na edición de 2006 co pianista Mario Laginha e a Orquestra Clásica de Espiño e en 2015 é a encargada de inaugurar a 11ª edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, promovido polo concello de Vigo. A grande cantora portuguesa Maria João trae a Vigo o seu proxecto Ogre que mestura jazz, música electrónica e outros sons. Ogre é música fresca e contemporánea, con composicións propias e adaptacións jazz e pop rock.
Maria João, sempre na procura de novos retos e sonoridades, é unha das figuras máis recoñecidas do jazz luso alén dunha das mellores voces do país. Nacida en Lisboa, Maria João empezou a súa carreira musical na escola de jazz Hot Club da cidade. Nos primeiros anos oitenta traballou co seu propio quinteto e fixo televisión. Foi o Festival de Cascais de 1984 o que a sitúa no ámbito jazzístico internacional. No ano 1985 é galardoada no Festival de Jazz de San Sebastian. A finais dos oitenta comenzan as colaboracións con músicos como Aki Takase ou Miroslav Vitous. A principios dos anos noventa comenza a duradeira e frutífera colaboración co pianista Mario Laginha.
Ogre é música fresca e contemporánea, con composicións propias e adaptacións jazz e pop rock. Sen barreiras, sen prexuízos. Iso si, a voz de Maria Joao, coma sempre, sobrenatural. No escenario de Imaxina Sons con ela estarán João Farinha, Fender Rhodes e teclados, André Nascimento, electrónica, Júlio Resende, piano e Joel Silva , batería. As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden adquirirse en ataquilla.com, na Central de Espectáculos de Vigo ou na billeteira do recinto desde
unha hora antes do comezo do concerto.
Estrea da Orquestra de Jazz de Galicia
Destaca esta edición 2015, a décimo primeira xa, por ser unha edición moza, reunindo a moitos dos músicos que, xóvenes pero sobradamente preparados, están definindo os roteiros do jazz. Será unha edición con moito sabor galego aproveitando a boa colleita e as novidades que a ampla escena jazzeira galega pon a disposición do público. Carlos López co proxecto "Letters From København" (sábado 27 xuño), Miguel Lamas Cuarteto (xoves 2 xullo), Duology de Marcos Pin e Telmo Fernández (sábado 4 xullo) protagonizarán os concertos galegos desta edición, que se verá redondeada coa estrea da Orquestra de Jazz de Galicia que presenta un primeiro disco marcado polos sons de raiz en
Imaxina Sons.
Unha edición xoven na que non faltan figuras jazzeiras de prestixio e fama internacional. É o caso de Marc Ribot (venres 3 xullo) que por primeira vez participa no Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. Para o festival é unha honra contar co compositor e guitarrista americano, colaborador habitual de John Zorn e cuxo primeiro disco de estudio foi Rain Dogs de Tom Waits. Hoxe é unha referencia mundial no jazz e na música en xeral. Coa súa vertente máis rock no proxecto Ceramic Dog
chega ao festival.
Sen ser nin moito menos vello, pero debido a súa precocidade, o saxofonista e compositor suízo Ohad Talmor (xoves 2 xullo) é xa un referente musical premiado neste 2015 como compositor europeo de jazz do ano pola European Broadcasting Union.
Os escenarios Imaxina Sons
A identidade do Imaxina Sons afiánzase tamén a través dos espazos nos que se desenvolve, cun claro epicentro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. E así o MARCO volverá ser escenario das propostas arraianas, desafiantes e máis excéntricas do festival cos concertos de L.A.R. Legido (luns 29 xuño), Gil Dionisio (martes 30 xuño) e Eli Gras (mércores 1 xullo) e será sede tamén da Academia de Sons, que propón 5 obradoiros para públicos diversos en horario matutino.
Nada lonxe, na rúa Londres concentraranse este ano os concertos da noite do festival explorando un novo territorio para Imaxina Sons. O jazz de Vigo e a súa contorna volverá a tomar rúas e terrazas con "Jazz fóra de lugar" en horario vermú (incluíndo homenaxe aos críticos Javier de Cambra e Juan Claudio Cifuentes "Cifu", falecidos recentemente e vinculados a Imaxina Sons desde os seus inicios) e a traca final do 11º Imaxina Sons terá lugar o sábado 4 de xullo ás 00:30 no Contrabajo co
concerto de Álvaro Vieito 4 .
De maneira paralela ao programa de concertos e en horario matutino, desenvólvese do 29 de xuño ao 3 de xullo a Academia de Sons. Esta particular escola que se desenvolve no MARCO con propostas para todos os públicos impartirá os seguintes obradoiros: Improvisación con L.A.R. Legido (luns 29 xuño), Sonobotánica con Eli Gras (martes 30 xuño), Videoclip de plastilina con Illa Bufarda (mércores 1 xullo), Nenas e nenos orquestra con Çe Orquestra Pantasma (xoves 2 xullo) e Instrumentos electrónicos con Mateo Mena (venres 3 xullo).
Venda de entradas:
www.ataquilla.com / 902 504 500
Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)
Concertos de pagamento
-Salón de actos do MARCO: 3 € + gastos de xestión
-Auditorio Municipal do Concello: 5 € + gastos de xestión
Venda de entradas no mesmo día dos concertos
Nos despachos de billetes da sala do concerto desde unha hora antes do
seu comezo
Máis información:
www.imaxinasons.com
www.vigocultura.org
Descargar todas as imaxes