Escoitar
Experiencia piloto do día 27 de xuño de 2015, entre as 10:30 e as 17:00 horas

"AS ILLAS CÍES DE VIGO. AS TÚAS ILLAS" programa municipal de turismo sostible <br />

Visitamos de novo as Illas Cíes de Vigo para coñecelas e disfrutalas e para que nos axudes a mellorar esta proposta de turismo sostible e cultural, para que veñan a Vigo todo o ano e de toda Europa os viaxeiros e viaxeiras que saben coidar do medio natural.

venres, 26 xuñ 2015
As experiencias que vos propoñemos artéllanse en tres rutas:

Paseos sonoros: ¿Como soan as illas? ¿Ata onde chega a nosa relación sensorial coa paisaxe? Aprenderemos a ter outra fotografía do territorio, unha imaxe de 360 graos que chega alí onde a vista non alcanza; e a escoitar a terra, aos seus habitantes e, tamén, a nós mesmos. (Ruta vermella: 70 prazas)

Arte: Subgrupos
- Debuxo e pintura: A natureza é un modelo que nos fala e nos chama. Saber captala cos nosos ollos e plasmala coas nosas máns é un reto estimulante... (Ruta amarela: 35 prazas)
- Fotografía da natureza: Aquela raiola de luz descúbrenos a pola que agroma, a onda arrola as cores no seu seo, o perfil da rocha co horizonte, o cagrexo baixo o espello da auga... (Ruta laranxa: 35 prazas)

Descubrindo a natureza: Descubre como é a vida das illas: dende a beiramar nos restos das mareas até os cantís que contemplan o océano, os sinais que deixan os temporais do inverno, o rastro de animais que se agochan, os avisos do tempo cambiante... (Ruta verde: 70 prazas)

Participantes:
- Persoas maiores de idade empadroadas en Vigo (autorízase á organización a comprobar tal condición antes de realizar a actividade)
- Menores de idade. Poderán inscribirse os maiores de 8 anos. Deberán de acompañalos e inscribilos os pais ou titores, que serán os responsables dos menores durante toda a visita.

Modo e lugar de inscrición: As inscricións realizaranse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (onde se colle o barco para Cíes), en horario de 10:00 a 17:00 horas, o vernes día 26 de xuño de 2015.

Datos obrigatorios de inscrición: Nome completo. DNI (no caso dos menores DNI do/da titor/ra). Teléfono móbil de contacto. Correo-e (opcional). Data de nacemento.

Cada persoa só poderá inscribirse a si mesma, agás no caso de unidades familiares.

A inscrición faise por estrito orde de solicitude.

Poden consultarse as condicións de participación na web vigo.org, web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello, oficina municipal de turismo.

Para información telefónica: 010 (desde móbil 986 810 260) e Tel 986 22 4757 de Turismo de Vigo Correo-e: turismodevigo@vigo.org""