venres, 26 xuñ 2015
O goberno local aprobou o último trámite administrativo das obras xa realizadas nos campos de fútbol de As Travesas, Samil e a ETEA nas que se investiron preto de 900.000 euros. O rexedor tamén deu conta da aprobación de máis de 75.000 euros para promoción da igualdade.
Experiencia piloto do día 27 de xuño de 2015, entre as 10:30 e as 17:00 horas
venres, 26 xuñ 2015
Visitamos de novo as Illas Cíes de Vigo para coñecelas e disfrutalas e para que nos axudes a mellorar esta proposta de turismo sostible e cultural, para que veñan a Vigo todo o ano e de toda Europa os viaxeiros e viaxeiras que saben coidar do medio natural.
venres, 26 xuñ 2015
O venres 26 de xuño ás 19:00, inaugurase a exposición "O Feo" no Espazo Emao. Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto -proposto no claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres.
venres, 26 xuñ 2015
O festival desenvólvese até o 4 de xullo. O concerto de apertura de Imaxina Sons 2015 ten lugar no Auditorio Municipal do Concello o venres 26 de xuño ás 21h e con el arrancan 9 días de música ao vivo na cidade coa presenza de figuras internacionais como Marc Ribot e a estrea da Orquestra de Jazz de Galicia.