Escoitar

O Concello valida as obras de reforma de tres campos de fútbol na cidade cun investimento de 900.000 euros

O goberno local aprobou o último trámite administrativo das obras xa realizadas nos campos de fútbol de As Travesas, Samil e a ETEA nas que se investiron preto de 900.000 euros. O rexedor tamén deu conta da aprobación de máis de 75.000 euros para promoción da igualdade.

venres, 26 xuñ 2015
A Xunta Local de Goberno deu luz verde á certificación final das obras nos campos de fútbol de As Travesas, a ETEA e Samil, nos que se investiron preto de 900.000 euros. En rolda de prensa, o rexedor tamén deu conta da aprobación dun proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Mulleres Dorna de 17.000 euros para manter o Punto Informa, para víctimas de malos tratos. Ao mesmo tempo, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que traballan pola igualdade. Son 64.000 euros para apoiar proxectos de promoción da muller e, tal e como detallou Caballero, o ano pasado financiáronse 55 iniciativas.