Escoitar

A artista sonora Eli Gras nos concertos de Imaxina Sons o mércores 1 de xullo

MÉRCORES 1 DE XULLO
11:00 h. Academia de Sons. Obradoiro stop motion. "Jazz de
plastilina. Animación dun videoclip". Impartido por Illa Bufarda. Salón
de actos do MARCO. Previa inscrición
21:00 h. Eli Gras. Electrónica, xoguetes sonoros e proxeccións.
MARCO. Entrada: 3 euros

martes, 30 xuñ 2015
1435668923eligras.jpg
Eli Gras
A artista sonora Eli Gras nos concertos de Imaxina Sons o mércores 1 de xullo

Artista multidisciplinar, Eli Gras (Barcelona, 1971) percorreu musicalmente un ecléctico abano de xéneros que van desde o noise, electro-pop, música grega, minimalismo, folk, coral ou electroacústica, aínda que sempre centrando a súa actividade na improvisación libre e a arte sonora. O mércores 1 de xullo chega ao 11º Imaxina Sons cun concerto no MARCO ás 20:30h. Por outra parte, a Academia de Sons continúa o mércores 1 de xullo cun obradoiro de stop motion no que os asistentes realizarán un videoclip de plastilina para unha peza musical de jazz.

Eli Gras tocou en moreas de festivais e salas europeas (Worldtronics, Experimentaclub, Blurred Edges, Sónar), expuxo as súas obras en diferentes centros artísticos (Drap-Art, CCCB) e realiza habitualmente obradoiros e charlas. Luthier experimental, creou as instalaciónsconcerto "Saló Sonor" e "Peeled Piano" traballando a reciclaxe creativa e tocado cunha morea de artistas, entre eles Pierre Bastien, Nuno Rebelo,Pelayo Arrizabalaga, David Fenech ou Alain Wergifosse. En paralelo
desenvolve a súa faceta dadá-pop tanto co dúo Motor Combo como en solitario, realizando concertos nos que mestura humor, surrealismo, folk e electropop.

Alén da súa actividade musical, traballou en diversos campos da creación como a escrita, o deseño, cine de animación, vídeo ou efectos especiais, ademais de na produción de eventos ou comunicación. É
fundadora e directora do Festival NoNoLogic e do selo La Olla Express.

A súa proposta de concerto para Imaxina Sons inclúe electrónica, xoguetes sonoros e proxeccións a cargo de Mar Morey. A entrada ten un prezo de 3 euros.

Na xornada do mércores tamén segue a Academia de Sons en horario matutino, no MARCO. Desta vez coas creadoras de Illa Bufarda que ensinarán aos asistentes a realizar unha animación en plastilina. A peza
musical escollida é "Destino Vigo" da batería e compositora Lucía Martínez.

Venda de entradas:
www.ataquilla.com / 902 504 500
Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

Concertos de pagamento
-Salón de actos do MARCO: 3 € + gastos de xestión
-Auditorio Municipal do Concello: 5 € + gastos de xestión

Venda de entradas no mesmo día dos concertos
Nos despachos de billetes da sala do concerto desde unha hora antes do
seu comezo
Máis información:
www.imaxinasons.com / www.vigocultura.org
Descargar todas as imaxes