IMAXINASONS, Festival de Jazz de Vigo
A décimo primeira edición de IMAXINASONS, Festival de Jazz de Vigo está en marcha! Do 26 de xuño ao 4 de xullo en diferentes espazos da cidade. O festival abrirá o 26 coa cantante portuguesa Maria Joao e o seu disco "Ogre" e o sábado 4 a Orquestra de Jazz de Galicia presentarase no festival
O venres 3 chega a Vigo Marc Ribot con Ceramic Dog e durante todos eses días: Carlos López Quinteto, L.A.R. Legido, Gil Dionísio, Eli Gras, Ohad Talmor Trio, Miguel Lamas Cuarteto, Chupaconcha, Telmo Fernández e Marcos Pin, Dani Font Trío, Juyma Estévez Trío e Tres Tristessen Trio.
As entradas para os concertos de pago (3 euros concertos no #MARCO, 5 euros concertos no Auditorio Municipal do Concello, máis gastos xestión) estarán á venda a partir do 15 de xuño en Entradas Ataquilla.com.
AcademiadeSons abriu o seu prazo de inscrición o luns 22 de xuño. Obradoiros gratuítos e con prazas limitadas que se celebrarán no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo entre o 29 de xuño e o 3 de xullo ás 11h. Estes son, ide pensando cal vos apetece:
-Luns 29. "Improvisando" con L.A.R. Legido. A partir de 12 anos, pensado para músicos, estudantes e persoas iniciadas nalgún instrumento.
-Martes 30. "Sonobotánica. As plantas tamén soan". Eli Gras ensinaranos a facer plantas sonoras, si, si. A partir de 9 anos e con acompañamento de adultos.
-Mércores 1. "Jazz de plastilina. Animación dun videoclip". As creativas de Illa Bufarda dirixirán o taller no que faremos un videoclip dun tema jazz. A partir de 9 anos.
-Xoves 2. "Aprendices de nenas e nenos orquestra". Coa axuda de Cé orquestra pantasma converterémonos en músicos cos nosos propios instrumentos de reciclaxe. A partir de 6 anos.
-Venres 3. "Construción de instrumentos electrónicos". O músico e mestre Mateo Mena anímanos á filosofía "do it yourself" con circuitos sonoros e simples. A partir de 8 anos.
No teléfono gratuíto 010.
Descargar todas as imaxes