OBRADOIROS DE VERÁN 2015 DA ESCOLA MUNICIPAL TEATRO

A Escola Municipal de Teatro,realiza no mes de xullo de 2015 tres Obradoiros de: DANZA PARA ACTORES, INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA e TEATRO MUSICAL CONTEMPORÁNEO,nas instalacións da EMT, avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.O prazo de preinscrición finalizará o 23 de xuño.

luns, 22 xuñ 2015
1434966674emt.jpg
As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 - interior), en horario de 17:00 a 20:00 h de luns a venres. A solicitude pódese encontrar on-line no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo na páxina hoxe.vigo.org/emt ou na EMT. A publicación da lista de admitidos será o día 24 de xuño e a formalización de matrícula os días 25 e 26 de xuño.

O prezo de cada curso é de 47,60 euros.
Para máis información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org
Descargar todas as imaxes