Escoitar

Caballero anuncia a organización desde ProVigo de catro xornadas sectoriais no 2015

Tras celebrarse este venres o padroado de ProVigo, o alcalde avanzou que a Fundación acordou celebrar este ano unha xornada sobre a presenza dos sectores económicos vigueses nas institucións galegas, españolas e europeas, unha segunda do complexo mar-pesca en Vigo e na súa área, outra sobre os sectores tecnolóxicos e unha última para o estudo de estratexias de relanzamento do naval.

venres, 19 xuñ 2015
1434717471provigo.JPG
O alcalde revelou que o padroado tamén aprobou a memoria de resultados de 2014. Caballero explicou que a Fundación, maioritariamente financiada polo Concello de Vigo, está agora "económica saneada" e presenta incluso superávit.
Descargar todas as imaxes