Caballero agradece ao equipo de Mapfre-Movistar a promoción internacional de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade
O alcalde trasladou hoxe xoves ao director e aos promotores do equipo Mapfre-Movistar o seu recoñecemento por promocionar no seu barco as Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Resaltou a importancia internacional desta promoción que ao Concello non lle supón coste económico algún.
Abel Caballero transmitiu esta mañá o "seu agradecemento" aos promotores do equipo Mapfre-Movistar xa que o seu barco participará nas máis importantes regatas do mundo co lema Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Así llo trasladou hoxe xoves durante unha visita na Alcaldía na que o rexedor lles fixo entrega dunha bandeira de Vigo "que estará izada no barco durante o tempo que permaneza nos portos de Barcelona e Palma de Mallorca. Este acto de "xenerosidade" permitirá a este barco levar o logotipo de Illas Cíes máis visible incluso que os logos dos patrocinadores, resaltou Caballero quen recoñeceu que "desde o punto de vista monterio, para o Concello sería imposible sufragar unha promoción desta envergadura, ao participar nas máis importantes regatas do mundo. Tal e como detallou, a nave competirá no Campionato do Mundo, en Barcelona, entre os próximos 27 de xuño e 4 de xullo e na Copa do Rei, en Palma de Mallorca, entre o 1 e o 8 de agosto.
O rexedor recibiu esta mañá a director do equipo, Pedro Campos e aos delegados en Galicia de Telefónica-Movistar e Mapfre, Manuel Alonso e David Rey, aos que en rolda de prensa lles quixo trasladar "un gran recoñecemento".
Descargar todas as imaxes
O rexedor recibiu esta mañá a director do equipo, Pedro Campos e aos delegados en Galicia de Telefónica-Movistar e Mapfre, Manuel Alonso e David Rey, aos que en rolda de prensa lles quixo trasladar "un gran recoñecemento".