Escoitar

O servizo sanitario de praias inclúe a seis diplomados en Enfermería de forma permanente

O alcalde deu conta hoxe mércores do inicio esta semana do servizo de socorrismo e salvamento, que se mantén como en anos anteriores a pesares da crise económica. Este ano, como novidade, os arenais contarán de xeito permanente con seis diplomados en Enfermería.

mércores, 17 xuñ 2015
O servizo de socorrismo e salvamento en praias arrancou o pasado luns incluíndo como novidade a 6 diplomados en Enfermería que estarán permanentemente nos arenais. Tal e como precisou en rolda de prensa, contrataránse a 60 socorristas, que operarán por turnos para garantir a presenza dun mínimo de 43 profesionais (25 acuáticos e 18 en primeiros auxilios). Ademais, hai 16 axentes da Policía Local e unha media de 8 efectivos de Protección Civil, en cada quenda. O servizo adxudicado a Cruz Vermella inclúe unha ambulancia propia e exclusiva para as praias. Esta infraestrutura, lembrou o rexedor, supón un investimento de preto de medio millón de euros.

Técnicos sanitarios vixían desde o pasado 15 de xuño ata o 15 de setembro, dez areais vigueses: A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns). Asimesmo, o socorrismo está presente cada día durante os meses de agosto e setembro e durante as fins de semana nos quince días finais de xuño e nos primeiros de setembro, salvo en Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras, onde haberá salvamento diariamente en horario de tarde.

Voladura
O alcalde deu conta hoxe mércores da voladura que obrigou a pechar onte a praia de Samil -á altura da rotonda da Avenida de Europa ata a desembocadura- e a evacuar a uns 2.000 bañistas. Tal e como detallou, o obxectivo era eliminar o fondo rocoso para permitir a canalización do emisario submarino que se está a construír na zona. No dispositivo participaron medio centener de efectivos municipais e ao longo do día de hoxe, os buzos están a inspeccionar a zona para verificar a necesidade ou non dunha segunda voladura que en caso de ser precisa, xa está autorizada.