O alcalde reúnese con Pérez Mariño no seu primeiro acto oficial como alcalde
Abel Caballero elixíu a Pérez Mariño para a súa primeira reunión como alcalde neste novo mandato, para render así un "homenaxe persoal e, de forma interposta, da cidade a unha persoa tan significada e que tan importante papel desempeñou e desempeña en Vigo". O alcalde eloxiou a figura de Pérez Mariño como profesional da avogacía, da maxistratura e da xudicatura, tamén como alcalde electo e na súa función social que exerce actualmente na cidade "de forma moi intensiva".
Abel Caballero referíuse a Ventura Pérez Mariño como unha persoa que adica "unha parte importantístima da súa vida á cidade" nos seus distintos ámbitos de actuación, tanto xudicial, como política e social. "Parecíame que o primeiro acto do alcalde que ten máis respaldo cidadá da historia da cidade de Vigo tiña que ser con Ventura Pérez Mariño", como "homenaxe persoal e, de forma interposta, da cidade a unha persoa tan significada e que tan imporatnte papel desempeñou e desempeña na cidade de Vigo", aseverou.
Descargar todas as imaxes