venres, 19 xuñ 2015
O Concello avanza nos trámites administrativos das escolas infantís de Navia e Mestres Goldar para axilizar ao tempo que se espera polas pertinentes autorizacións da Xunta. Deste xeito, o goberno local confía en que en setembro poidan funcionar, tal e como estaba previsto.
venres, 19 xuñ 2015
O alcalde achegouse esta mañá á Porta do Sol onde estará instalado durante unhas semanas o dinoseto. Así o dixo o rexedor quen reiterou que o destino definitivo do dinosaurio vexetal será o parque temático da auga que se vai construir en Navia.
venres, 19 xuñ 2015
Caballero deu conta esta mañá do inmediato comezo dos traballos de limpeza e preparación da parede das escaleiras de Roupeiro con Rosalía de Castro onde se vai proseguir co Programa de embelecemento de medianeiras. Neste caso, o Concello renderá homenaxe á "gran" poetisa María do Carme Kruckenberg, recentemente falecida.
venres, 19 xuñ 2015
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou hoxe a 32ª Carreira Nocturna de San Xoán, que se disputará ás 21:00 horas do vindeiro martes no circuíto tradicional que remata no Berbés.
venres, 19 xuñ 2015
Coa colaboración do Concello de Vigo, esta fin de semana terá lugar no Real Club Náutico e no paseo marítimo a I Festa do Xadrez Educativo en Vigo, que conta con 500 participantes de todas as idades acreditados para cinco actividades organizadas: Torneo Interescolar, Programa de Ocio, Torneo Lóstrego, Simultáneas de Mestres e Acto de Clausura.