Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 18 xuñ 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE XUÑO DE 2015.



ALCALDÍA
1.- Proxecto de convenio para concesión de subvención á Asociación Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos para o fomento da súa actividade social no ano 2015. Expte. 12923/101.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas e Decretos:

a) Expte.nº 8724-111. Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 2ª.RC-A nº 4306/2014 P.O. Demandante: CONCELLO DE VIGO. Obxecto: Resolución da Consellería de Traballo do 9.6.2014. Autorización de Centro de Servizos Sociais: aumento de prazas. Desestimado o recurso.

b) Expte. nº 9066-111. Decreto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 88/2015 P.A. Demandante: D. DAVID ORVIZ TEJO. Obxecto: Desestimación presunta de reposición. Sanción de Tráfico (Expte. 148657027). Desestimento do demandante.

c) Expte. nº 8568-111. Sentenza do X. do Social nº 4 de Vigo. Procedemento Ordinario 78/2014. Demandante: D. GERARDO SÁNCHEZ VICENTE. Obxecto: XGL 29.8.14 resolve a reclamación previa. Categoría profesional, "diferenza de funcións" de Xefe de Equipo a Capataz (Parques e Xardíns). Desestimado o recurso.

d) Expte. nº 9052-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 74/15 P.A. Demandante: D. JOSÉ Mª VARELA RENDO. Obxecto: Resolución do 10.12.14. Sanción de tráfico. Desestimado o recurso.

e) Expte. nº 9072-111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 104/2015 P.A. Demandante: CONSTRUCCIONES Y DESMONTES RIBERA NAVARRA S.A. Obxecto: Resolución do 29/12/2014, desestimatoria do recurso de rep. contra a resolución do 15/10/2014 que acorda a devolución da terceira factura presentada en relación á execución dun contrato administrativo. Desestimado do recurso.


f) Expte. nº 8588-111. Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 1ª, en Apelación 338/2014, conta Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 95/2014 P.A. Demandante: D. MANUEL A. CÓRDOBA ARDAO. Obxecto: Inactividade ante solicitude do 27-12-2013, valoración posto de traballo. Desestimada a apelación.

CONTRATACIÓN
3.- Clasificación de ofertas no procedemento aberto para a contratación do servizo de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles, pasos inferiores e galerías de servizos da Cidade de Vigo. Expte. 15341/444.

4.- Clasificación de ofertas no procedemento aberto para a contratación do servizo da xestión dos residuos voluminosos de Vigo. Expte. 5414/252.

5.- Clasificación de ofertas no procedemento aberto para a contratación da subministración de vestiario para o persoal municipal. Expte. 71366/250.

6.- Devolucións de garantías:
a) Eloymar Tranvias UTE. Expte. 5258/241.
b) COVSA. Expte. 2997/443.
c) COVSA. Expte. 3003/443.
d) Hidroscivil S.L. Expte. 3002/443.
e) Hidroscivil S.L. Expte. 3001/443.
f) Construcciones Crespo S.A. Expte. 2985/443.
g) ORECO S.A. Expte. 3032/443.
h) PYGEPE S.L. Expte. 3033/443.
i) Obras y Construcciones Dios S.A. Expte. 5259/241.


CULTURA, FESTAS E MUSEOS
7.- Fixación de prezos de venda de entradas para o Festival de Jazz "Imaxina Sons'15". Expte. 488/330.

8.- Bases para a utilización e funcionamento do salón de actos da Casa Galega de Cultura. Expte. 14810/331.

DEPORTES
9.- Proposta de autorización para a organización da II Carreira Solidaria Colexio Atlántida, o vindeiro 21 de xuño de 2015. Expte. 13844/333.

10.- Proposta de autorización para a organización da 32ª Carreira Nocturna de San Xoán o vindeiro 23 de xuño de 2015. Expte. 14170/333.

11.- Proposta de autorización para a organización do evento Verán Deportivo 2015, do 13 de xuño ata o 5 de xullo de 2015. Expte. 14149/333.

12.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención á Federación de Peñas Recreativas El Olivo co obxecto de coadxuvar o proxecto de participación Fase de Ascenso á Primeira División Nacional de Fútbol Femenino. Expte. 14120/333.

13.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención á favor do Comesaña SC co obxecto de coadxuvar o Programa de actividades vinculado coa celebración do Centenario da entidade no ano 2015. Expte. 14124/333.

EDUCACIÓN
14.- Prórroga do contrato para a xestión do Programa de Educación Básica de Persoas Adultas. Expte. 13263/332.

15.- Revisión de prezos do contrato para a xestion do Programa de Educación Básica de Persoas Adultas. Expte. 13263/332.

16.- Expediente de contratación, por procedemento aberto, do Servizo para a xestión da Escola Infantil municipal de Navia. Expte. 17043/332.


EMPREGO
17.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego durante os meses de marzo, abril e maio de 2015. Expte. 11879/77.

18.- Indemnizacións por asistencias a tribunais de selección de persoal de "Vigo Emprega 1ª quenda". Expte. 11800/77.

19.- Indemnizacións por asistencias a tribunais de selección de persoal de "Vigo Emprega 2ª quenda". Expte. 11830/77.

20.- Proxecto de convenio para concesión de subvención á Fundación Secretariado Xitano para o desenvolvemento de accións dirixidas á poboación xitana no marco dos programas de Loita Contra a Discriminación. Expte. 11748/77.

21.- Proposta de aceptación da subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a realización de actividades de información, orientación e prospección de Emprego. Expte. 11888/77.

22.- Proposta de aceptación da subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a realización do obradoiro de Emprego "Vigo Capacita II". Expte. 11898/77.

23.- Promoción polo Concello de Vigo do proxecto empresarial "tuMercado Local" para a súa presentación ao Programa de Iniciativas Locais de Emprego (ILEs) da Consellería de Traballo e Benestar. Expte. 11906/77.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
24.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante os meses de abril e maio de 2015. Expte. 1953/334.

PATRIMONIO
25.- Dar conta da resolución de Alcaldía do 21.05.15 pola que se delega na Concelleira de Patrimonio a execución forzosa do acordo da X.Goberno local do 31.10.14 para a recuperación de oficio de posesión municipal (propiedade 393 do IMBD). Expte. 19702/240.

RECURSOS HUMANOS
26.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios, correspondente ao mes de Abril-2015. Expte. 26637/220.

27.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de Maio-2015. Expte. 26718/220.

28.- Complemento produtividade persoal Policía Local. Expte. 26566/220.

29.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios dopersoaldos distintos servizos correspondentes aos meses de decembro-2014 e abril-2015. Expte. 26642/220.

30.- Axudas Especiais do Fondo Social (FAS), Xuño-2015. Expte. 26693/220.

31.- Dar conta de Resolucións do Concelleiro-delegado de Xestión Municipal:

a) Redución de xornada do 50% coa correspondente redución de retribucións de dona Aurora Murillo Díaz, con efectos de 01.06.2015. Expte. 26615/220.

b) Reingreso ao servizo activo de Dona Pepa Calvet Micas, con efectos de data 10.06.2015. Expte. 26663/220.

c) Permiso sen soldo de dona Carmen Mª Sanz Alonso, con efectos de 1 de xullo ao 31 de xullo de 2015. Expte. 26644/220.

SERVIZOS XERAIS
32.- Proposta de incautación de garantía e execución subsidiaria en relación coas deficiencias nas obras de "Humanización da Rúa Urzáiz, entre Escultor Gregorio Fernández e Gregorio Espino". Expte. 2833/443.

33.- Proposta de incautación de garantía e execución subsidiaria en relacón coas deficiencias nas obras de "Humanización da rúa Toledo". Expte. 2834/443.

34.- Recoñecemento da inversión das obras da prórroga da concesión de Aqualia correspondentes ás actuacións executadas ata o 31 de xaneiro de 2015. Expte. 3245/440.

35.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 19 de xuño de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 17 de xuño de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.