O alcalde reúnese con Pérez Mariño no seu primeiro acto oficial como alcalde
Abel Caballero elixíu a Pérez Mariño para a súa primeira reunión como alcalde neste novo mandato, para render así un "homenaxe persoal e, de forma interposta, da cidade a unha persoa tan significada e que tan importante papel desempeñou e desempeña en Vigo". O alcalde eloxiou a figura de Pérez Mariño como profesional da avogacía, da maxistratura e da xudicatura, tamén como alcalde electo e na súa función social que exerce actualmente na cidade "de forma moi intensiva".