Escoitar

O Concello rende homenaxe a Kruckenberg cunha medianeira decorada nas escaleiras de Roupeiro

Caballero deu conta esta mañá do inmediato comezo dos traballos de limpeza e preparación da parede das escaleiras de Roupeiro con Rosalía de Castro onde se vai proseguir co Programa de embelecemento de medianeiras. Neste caso, o Concello renderá homenaxe á "gran" poetisa María do Carme Kruckenberg, recentemente falecida.

venres, 19 xuñ 2015
O goberno local prosegue co plan de embelecemento de Vigo a través das súas medianeiras e neste caso, as escaleiras de Roupeiro son as elixidas. Mañá sábado, comezarán os traballos de limpeza e preparación da parede de ladrillo anexa e, partir do luns o grupo EWA pintará unha imaxe e reproducirá un texto desta "gran" poetisa que foi María do Carme Kruckenberg. Caballero aproveitou para lembrar a "inmensa honra" que lle produce que esta escritora o acompañara na presentación da súa primeira novela en Vigo.