500 xogadores participarán esta fin de semana na I Festa do Xadrez Educativo en Vigo
Coa colaboración do Concello de Vigo, esta fin de semana terá lugar no Real Club Náutico e no paseo marítimo a I Festa do Xadrez Educativo en Vigo, que conta con 500 participantes de todas as idades acreditados para cinco actividades organizadas: Torneo Interescolar, Programa de Ocio, Torneo Lóstrego, Simultáneas de Mestres e Acto de Clausura.
O CEIP Valle Inclán acolleu onte xoves a presentación deste evento, coa participación dunha veintena de escolares e a presenza da concelleira de Educación, Olga Alonso, a directora do centro, Moncha Santos, e representación do comité organizador de Xadrez Galego.
De acceso libre e gratuíto, a cita celebrarase este sábado e domingo no paseo marítimo e nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo, coa presenza confirmada de 500 participantes de todas as idades, para gozar de cinco actividades nun programa de 16 horas: Torneo Interescolar (o sábado, de 10 a 20 horas), Programa de Ocio (o domingo, de 11 a 13h), e o Torneo Lóstrego, Simultáneas de Mestres e Acto de Clausura (o domingo, de 16 a 21h).
Ademais de competir, aprender ou divertirse, as principais atraccións da Festa radican na presenza do Gran Mestre Iván Salgado -número 2 de España e no top 200 do mundo-, de Antonio Gude -escritor iberoamericano de referencia- e o Club de Xadrez Universidade de Vigo -vixente campión autonómico e equipo de Primeira División Nacional-.
No acto de presentación, a concelleira de Educación destacou que este encontro se enmarca na implantación do proxecto Xadrez nas Escolas de Vigo que se impulsou en 2013 seguindo a recomendación da Unión Europea. Alonso enumerou asemade as bondades do estudo e práctica do xadrez como ferramenta pedagóxica que estimula o pensamento e a reflexión, ademais do seu carácter lúdico.