Manel Fernández avala "o apoio do Concello ás carreiras populares" e espera un milleiro de atletas na Nocturna de San Xoán
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou hoxe a 32ª Carreira Nocturna de San Xoán, que se disputará ás 21:00 horas do vindeiro martes no circuíto tradicional que remata no Berbés.
O edil, que estivo acompañado por membros do club AVA como organizador da proba (Eleuterio García e Jesús Martínez), polo delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Miguel Martínez, e polo campión masculino do circuíto 2014, Daniel Bargiela, líder tamén en 2015, apuntou sobre o evento patrocinado polo Concello que "con el se pecha a primeira parte do circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares ao ser a quinta de dez. É unha das máis antigas, chea de cor e de ilusión e sen dúbida vai ser un gran éxito na noite do lume, na noite de San Xoán".
O responsable do deporte de Vigo aplaudiu o traballo do AVA, que ademais recupera a organización dun evento que creou en 1984, e avanzou que xa hai uns 600 inscritos (o prazo péchase o domingo 21 na web da Federación Galega e o sábado pola tarde de forma presencial en tendas de deportes) e que "espermos chegar ao milleiro de participantes". E indicou que "a vontade do Concello é seguir desenvolvendo o atletismo, apoiar aos runners e que Vigo sexa unha das referencias nacionais".
Eleuterio García, como presidente da Agrupación Viguesa de Atletismo, explicou que será o mesmo percorrido de todos os anos, dende a praza do Rei á praza do Berbés, uns 7,7 quilómetros, e que os atletas terán o pavillón do Berbés para ducharse. E dixo que non haberá sardiñas. Co peche de varios bares na zona, a organización non ten onde asarlas, Como contrapartida, García recupera unha tradición: haberá un xamón para o vencedor e lacón para os seis primeiros de cada categoría. Tamén haberá sorteos.
Bargiela, como gañador do circuíto, afirmou que "esta é unha carreira para gozar. É especial pola data, sempre o 23, e porque é un percorrido diferente e rápido", sostivo, con pendentes favorables. Aínda que se lle considere favorito, asegurou que "neste momento da tempada estou baixando para volver coller a forma na segunda parte do circuíto".
Descargar todas as imaxes