Escoitar

O goberno local implantará en setembro os plans de tráfico para colexios de forma progresiva

Caballero indicou que a experiencia piloto levada adiante en xuño en 13 colexios "deu moi bo resultado", polo que os plans de tráfico específicos se incorporarán ao resto de centros públicos e concertados de Vigo ao longo de setembro, de forma progresiva, para garantir a presenza de efectivos policiais de apoio durante os primeiros días.

luns, 22 xuñ 2015
O alcade vigués explicou que a experiencia de proba implantada en 13 colexios durante os primeiros quince días de xuño "deu moi bo resultado", resolvendo nalgúns casos importantes atascos derivados da entrada e da saída dos alumnos. Caballero avanzou que será preciso efectuar melloras en puntos como a entrada a Salesianos pola Ronda de Don Bosco ou a Carmelitas por Llorente, mais o retorno cidadá desta medida municipal é satisfactoria.

O resto de centros educativos contará en setembro co seu propio plan de tráfico, consistente na reserva de prazas de aparcamento nas horas punta para deixar e recoller aos nenos/as e no reforzo ou mellora da sinalización existente. Caballero avanzou que a implantación será progresiva, en bloques de 8 ou 10 colexios cada 3 ou 4 días, para garantir a presenza de efectivos da Policía Local e de Protección Civil nas primeiras xornadas.

O Concello comezará en setembro co Celso Emilio Ferreiro, o Frian Teis, O Pombal, o Canicouva, o Monte da Guía, o Altamar, A Paz Tintureira e o Cluni. Os 13 centros que formaron parte do plan piloto continuarán co novo curso (Escultor Acuña, Lope de Vega, Nebrija, Doctor Fleming-Villalaura, Salesianos, Calasancias, Enseñanza, Carmelitas, Illas Cíes, Amor de Dios, Vicente Risco, Maristas e García Barbón).