Escoitar

O Concello inspeccionará 19 fogueiras para que poidan ser autorizadas en San Xoán

O rexedor advertiu esta mañá de que só se autorizarán as fogueiras que previamente sexan revisadas polo servizo municipal de bombeiros. Tal e como explicou efectivos inspeccionarán entre hoxe luns e mañá as 19 solicitudes presentadas.

luns, 22 xuñ 2015
O alcalde explicou que entre hoxe luns e mañá os bombeiros inspeccinarán as 19 solicitudes de fogueiras presentadas no Concello para a noite de San Xoán. En declaracións aos medios, Caballero reiterou a prohibición de facer foguiras nas praias e advertiu de que haberá sancións para os promotores de lumes que non estean autorizados. Como é habitual, efectivos munipais inspeccionan cada pira, marcando perímetros máximos e establecendo marxes de cercanía. Concretamente, tramitáronse as seguintes peticións: Matamá, Saiáns, Saa Beade, Freixo, Alcabre, Zamáns, Peinador, Balaídos, Coruxo, (2)Valladares, O Viso, Vilar, Candeán, Sanpaio, Casco Vello, Cabral e Bouzas.