LIBROS LIBRES! Bookcrossing no MARCO
o xoves 23 de abril, 54 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.000 volumes relacionados con diferentes disciplinas. En Vigo, a solta de libros comezará ás 11.00 fronte á fachada principal do MARCO, R/ Príncipe.
Nesta ocasión, os participantes prevén poñer en circulación máis de 2.000 libros libres coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. Todos os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na web http://www.bookcrossing-spain.com/ , onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e no que liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.
Dende a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o número de participantes. Defínese como un "club de libros global", rexido por tres sencillas regras, coñecidas como as tres erres: read (le), register (rexistra), release (libera). Os libros libéranse normalmente en lugares públicos e de tránsito de persoas, e se cada usuario segue as instrucións é doado coñecer, a través de http://www.bookcrossing-spain.com/ , o traxecto realizado por un libro dende o seu punto de orixe ao de recollida. O bookcrossing permite non só compartir e intercambiar gratuitamente libros senón tamén seguir a pista de calquera deles unha vez que foiliberado, así como saber quen o leu e en que lugar. Calquera persoa pode participar nesta experiencia, non só recollendo libros senón tamén poñendo en circulación outros da súa propiedade, rexistrándoos na web de bookcrossing e liberándoos despois nun lugar público.
Todos os libros liberados conteñen catro adhesivos. O primeiro, no lombo, é o símbolo internacional dobookcrossing, personalizado co logotipo de cada centro ou museo. A segunda etiqueta vai colocada sobre a cuberta do libro e nela danse máis detalles: "pásalle este libro a alguén ou déixao libre na súa aventura" e "non me perdín, son parte dun club de libros global", ao tempo que remite a máis detalles no interior do libro. O terceiro adhesivo, no interior, instrúe a persoa que recolleu o libro sobre o obxecto da liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional a través da web http://www.bookcrossing-spain.com/ , ue permite coñecer onde estivo a publicación e quen a leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe. Ademais, no cuarto adhesivo o lector pode escribir o seu nome e o lugar onde atopou o libro. O día 23 de abril calquera persoa poderá seguir estes pasos con algún dos máis de 2.500 libros que se liberarán en distintos puntos de cada unha das cidades participantes.
Descargar todas as imaxes