xoves, 23 abr 2015
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación dos 66 traballadores beneficiarios do Vigo Emprega II, que se suman aos 140 contratados na primeira fase do nomeado programa, financiado integramente polo Concello con 1,5 millóns. Esta iniciativa prioriza empregar a mulleres, menores de 30, maiores de 45, desempregados de longa duración e discapacitados.
xoves, 23 abr 2015
O alcalde de Vigo rubricou na tarde de onte mércores o convenio cos responsables da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo, segundo o cal o Concello adica máis de 606.000 euros a financiar actividades formativas e extraescolares e as achegas para libros e comedor. Abel Caballero explicou que o goberno que preside concede 5.000 bolsas de libros e comedor escolar.
xoves, 23 abr 2015
A Xunta de Goberno Local, tal e como informou este xoves Abel Caballero, validou os proxectos de mellora das rúas Becerreira (Cabral), Estrada Portal (Valladares), Fonte Escura (Candeán) e Areeiro (Sampaio) por valor total superior aos 300.000 euros, segundo deu conta o alcalde.
xoves, 23 abr 2015
O venres, 24 de abril, ás 20:00 h, a Fundación Laxeiro (r/ Policarpo Sanz, 15, 3º andar) presenta a exposición individual titulada "A caza", de Elena Fernández Prada (León, 1971). O proxecto enmárcase dentro da investigación que a artista leva realizando nos últimos anos sobre os procesos de representación figurativa e a súa descontextualización.
xoves, 23 abr 2015
Máis de 100 persoas paraticiparan nas xornadas formativas "O contexto educativo. Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade" organizadas pola Concellería de Igualdade os días24 e 25 de abril. Estas xornadas enmárcanse no programa "Irene", de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e adolescencia conveniado co Instituto da Muller no período 2014/2015. Dirixidas especialmente a profesionais do ensino, dos servizos sociais , anpas
xoves, 23 abr 2015
Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza(29 de abril) con dous espectáculos.O venres 24 de abril, ás 21 horas, Teresa Nieto realizará un pase de "Petí Comité" e o domingo 26 de abril, ás 18 horas, a compañía Entremans achegar ao público infantil o seu espectáculo "Xoga".