O alcalde afirma que 900 alumnos estudarán este ano no Reino Unido becados polo Concello
Así o avanzou Abel Caballero este xoves, despois dunha reunión mantida cunha representación de nais dos estudantes aos que lle correspondería a bolsa de inglés municipal do 2013. O rexedor apuntou que este ano viaxarán ao Reino Unido e Irlanda tanto o alumnado da convocatoria de 2015 como o de 2013, un total de 900 beneficiarios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves unha reunión cunha representación das nais dos alumnos aos que lles tería correspondido as bolsas de inglés municipais do 2013, ano no que non houbo convocatoria.
Tal e como afirmou Caballero, o goberno local traballa coa previsión de levar en novembro ou decembro deste ano ao Reino Unido e Irlanda aos estudantes que non poideron optar á bolsa de estudos do Concello no 2013, ademais do alumnado que por idade lle corresponde no 2015. En total, a estimación do rexedor apunta aos 900 estudantes.
Esta iniciativa municipal permite aos estudantes gozar dunha estadía de tres semanas no Reino Unido e Irlanda en inmersión lingüística, sumerxíndose na lingua e cultura británidas e mellorando as súas competencias no idioma nos institutos locais en réxime de integración escolar.
Descargar todas as imaxes