Escoitar

O goberno local aproba a contratación de 66 profesionais e eleva o VigoEmprega aos 206 postos de traballo

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación dos 66 traballadores beneficiarios do Vigo Emprega II, que se suman aos 140 contratados na primeira fase do nomeado programa, financiado integramente polo Concello con 1,5 millóns. Esta iniciativa prioriza empregar a mulleres, menores de 30, maiores de 45, desempregados de longa duración e discapacitados.

xoves, 23 abr 2015
O alcalde informou este xoves da aprobación en Xunta de Goberno Local da proposta para a contratación do persoal traballador beneficiario da segunda convocatoria do programa municipal Vigo Emprega. Esta segunda fase dará un posto de traballo a 66 persoas durante medio ano cun orzamento de 498.000 euros, e se engaden aos 140 contratados na primeira fase do programa que xa están contratados.

Os beneficiarios, enviados polas listas do INEM, farán traballos de peón da construción e de xardinería-forestal, capataz de albañilería e oficiais albañil, condutor, mecánico de automoción e fonteneiro. O goberno local, nas bases do programa Vigo Emprega, priorizou para a contratación a mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, desempregados de longa duración e persoas con algunha discapacidade.