mércores, 22 abril 2015

Ao longo deste mes concluirán 20 melloras que o goberno de Vigo executa no centro e no rural

O edil de Fomento informou das datas de finalización prevista para as reformas en marcha e de comezo dos traballos planificados. Segundo expuxo Regades, as obras de Ramón Nieto, Santa Marina, Pedreira, Manuel Costas Bastos, Subida á Madroa, Subida á Monteira, Seixo, Roteas de Abaixo e Subida (Sampaio), Gandarón, Camiño Fermín, Camiño Gándara, Camiño do Fondo, o acceso ao pavillón de Coruxo e a cuberta das escaleiras mecánicas quedarán abertas ao longo desta semana.

LIBROS LIBRES! Bookcrossing no MARCO

mércores, 22 abr 2015

o xoves 23 de abril, 54 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.000 volumes relacionados con diferentes disciplinas. En Vigo, a solta de libros comezará ás 11.00 fronte á fachada principal do MARCO, R/ Príncipe.

A Escola Municipal de Teatro celebra o "Día Mundial do Teatro"

mércores, 22 abr 2015

Con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza unha mostra de escenas teatrais representadas por alumnos/as da Escola, que terá lugar o xoves 23 de abril , ás 18:30horas, no Auditorio do Concello de Vigo. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo.

Exposición "Centenario de Xosé Mª Álvarez Blázquez"

mércores, 22 abr 2015

Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) podese ver a exposición "Centenario de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Constructor dunha cidade de libros (Tui, 1915-Vigo, 1985)", organizada pola Fundación Penzol coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.